CRTVG

Buscar

Case a metade dos concellos galegos teñen xa un plan urbanístico adaptado á Lei do solo

Publicado o 17/03/2021 20:56
Case a metade dos concellos galegos teñen xa un plan urbanístico adaptado á Lei do solo

Case a metade dos concellos galegos teñen xa un plan urbanístico adaptado á normativa vixente. Foi un dos datos que achegou a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, cando fai cinco anos da entrada en vigor da Lei do solo.

No transcurso dunha xornada sobre urbanismo, Vázquez explicou que 133 concellos teñen os seus plans en vigor ou están no derradeiro trámite, 4 veces máis que en 2016. A conselleira atribúeo a unha lei, dixo, máis clara, obxectiva e adaptada á realidade social galega.

Noticias web

17/03/2021