CRTVG

Buscar

Case a metade dos coches circulan coa ITV sen pasar

Publicado o 05/03/2021 16:09

Case a metade dos vehículos en circulación que debían pasar a ITV non acudiron o último ano a pasar este control que axuda a detectar posibles fallos de seguridade nos coches.

Máis de seis millóns e medio de vehículos quedaron sen inspeccionar durante o estado de alarma. Para estes casos habilitouse unha prórroga que rematou o pasado 2 de marzo.

Os que acoden adoitan ir nos períodos regulamentarios, se ben recoñecen que coa pandemia hai moita xente que agora non emprega o coche e non cumpre coas inspeccións.

En caso de ter o coche parado, recomendan dalo de baixa ou ben pasar a ITV igualmente no período que lle corresponda. Do contrario, con independencia de que estea circulando ou non, corre o risco de ser sancionado.

Noticias web

05/03/2021