Case 30.000 persoas que entraron dende onte en Galicia anotáronse no rexistro de viaxeiros
Publicado o 30/07/2020 22:33
Segundo datos ofrecidos polo propio Goberno galego, foron 29.00 as persoas que se anotaron no primeiro día de funcionamento deste rexistro aberto na web do Servizo Galego de Saúde e que deben cubrir os procedentes de zonas de alto risco de contaxio pola covid-19.
Dese 29.000, 10.500 veñen do País Vasco e 6.500 de Cataluña. Son estas dúas comunidades destino maioritario da emigración galega; emigrantes e traballadores que retornan á súa vila de orixe nas vacacións de verán e que están obrigados tamén a rexistrarse.
Deben comunicar tamén a súa entrada aquelas persoas que nos últimos catorce días estiveran en Navarra, Aragón e A Rioxa e tamén nunha listaxe de 130 países que pode ser consultada na web do Sergas.