Case 240 persoas conseguen entrar en Melilla saltando o valado fronteirizo
Publicado o 22/07/2021 16:26

Preto de 240 inmigrantes de orixe subsahariana conseguiron entrar esta mañá en Melilla nun novo salto colectivo do valado fronteirizo. Os inmigrantes utilizaron garfos para escalar a aramado que mide seis metros de altura.
Tres gardas civís resultaron feridos leves ao intentar impedir que os inmigrantes accedesen a territorio español. Unha vez na cidade autónoma, os subsaharianos, todos eles homes, chegaron polo seu propio pé ao Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes melillense.