CRTVG

Buscar

Case 200 propostas de sanción por incumprimento das restricións de mobilidade en Galicia este sábado

Publicado o 27/12/2020 20:51

Galicia rexistra 192 propostas de sanción por incumprimento das restricións de mobilidade este sábado. O total desde o comezo da ponte festiva sería de 660. Segundo informa a Delegación do Goberno, só na xornada do sábado desenvolvéronse máis de 800 dispositivos de seguridade en toda Galicia, tanto da Garda Civil coma da Policía Nacional, que controlaron máis de 9.000 persoas e de 3.300 vehículos. Desde a Delegación do Goberno felicitan os galegos pola súa responsabilidade, xa que as propostas de sanción apenas representan nestas festas o 4% do total nacional.

Noticias web

27/12/2020