CRTVG

Buscar

Casado, sobre as acusacións de Bárcenas: "Ese PP xa non existe"

Publicado o 05/02/2021 15:05

Primeiras declaracións do presidente do PP sobre o escrito que Luis Bárcenas remitiu á Fiscalía acusando a Mariano Rajoy de destruír probas dunha suposta contabilidade en B do partido. Pablo Casado desmárcase desa época e presume da exemplaridade actual do partido.

"Ese PP xa non existe. A min elixíronme hai dous anos, en primarias, os militantes, para pasar páxina a calquera conduta non exemplar no partido. Xamais se vai tolerar ningunha conduta non exemplar, sempre e cando o diga un xuíz, non sexa unha acusación sen probas", declarou nunha entrevista radiofónica.

Para Casado, Luis Bárcenas non ten ningunha credibilidade e acusa a Pedro Sánchez de filtrar o documento dez días antes das eleccións en Cataluña.

Noticias web

05/02/2021