Casado reinvindícase como única alternativa ao "sectarismo" de Sánchez
Publicado o 21/07/2021 14:20
O líder do PP reivindícase como única alternativa ao Goberno Sánchez, a quen acusou de sectarismo e de intentar devastar o Estado de dereito.
Casado presidiu a Xunta Directiva do PP dende o parador de Gredos, en Ávila, cando se cumpren tres anos dende que está á fronte do partido. Fixo balance dese período e asegurou que o futuro de España pasa polo PP.
Di que Pedro Sánchez non é de fiar para ninguén e que calquera goberno serio convocaría eleccións despois da sentenza do Constitucional sobre o primeiro confinamento.