CRTVG

Buscar

Casado reclama "coñecer a verdade" sobre o número de falecidos polo coronavirus

Publicado o 21/06/2020 20:25

No acto do Partido Popular en Santiago, Pablo Casado reclamou que se coñeza a verdade sobre o número de vítimas do coronavirus. O líder do PP lembrou que hai discrepancias entre as cifras oficias do Goberno e outros cómputos estatísticos. Nesa liña, salientou que "se ocultou información".

Así se expresaba o presidente do  PP: "Queremos saber a verdade, cantas vítimas polo coronavirus houbo en España. Creo que non é moito pedir que unha nación que se debe respectar a si mesma empece por ser capaz de contar os seus falecidos, de honralos, de axudar os seus familiares, de axudar os enfermos que teñen moitas secuelas despois de curar e tamén de homenaxealos cun día de recoñecemento, como o que se vai facer, pero sobre todo sabendo cantos perderon a vida loitando contra este virus".

Noticias web

21/06/2020