Casado propón que a comisión de reconstrución inclúa un pacto de estado de Sanidade
Publicado o 12/05/2020 15:02
O líder do Partido Popular propón que a comisión de reconstrución inclúa un pacto de estado de Sanidade. Sería similar ao de Toledo das pensións, pero contaría con financiamento para a investigación. Pablo Casado tamén propón un plan desescalada alternativo ao do Goberno.