Pablo Casado pídelle a Sánchez que rompa cos independentistas cataláns
Publicado o 31/10/2018 17:56
Primeiro cara a cara entre o presidente do Goberno e o líder da oposición despois da ruptura de relacións. Casado pediulle a Sánchez que rompa cos independentistas.
O presidente do Goberno non respondeu á pregunta de Ciudadanos sobre se indultarán os políticos cataláns que puideran ser condenados.
Ante esa oferta, o líder de Podemos advírtelle a Sánchez que non se equivoque de aliados.
O Presidente do Goberno non lle respondeu. Anunciou novas medidas para os autónomos.