Casado pídelle a Sánchez que faga o posible para sentar a Puigdemont ante a xustiza española
Publicado o 01/10/2021 16:07
Pablo Casado pídelle ao presidente do Goberno que poña a Carles Puigdemont ante a xustiza española. Díxoo na quinta sesión da convención que os populares celebraron en Murcia.
Nesta ocasión estivo acompañado dos expresidentes de México e Colombia. Comprometeuse, ademais, o líder do PP a devolverlle a España unha presenza internacional puxante ao lado das grandes democracias e non ao lado dos réximes ditatoriais.