CRTVG

Buscar

Casado pide unha xuntanza con Sánchez para reformar o CXPX antes de renovalo

Publicado o 07/09/2021 16:21


O Goberno obviou a proposta do presidente do PP, Pablo Casado, de reformar o sistema de elección do Consello Xeral do Poder Xudicial antes de renovar os seus conselleiros, que levan máis de mil días co mandato caducado: "Xa abonda de escusas!", exclamou a ministra Portavoz, Isabel Rodríguez. Fronte ás palabras de Casado, ofrecendo unha reunión "inmediata" con Pedro Sánchez para pactar a reforma do sistema de elección, a ministra quixo ser "rotunda" e desdeñar a oferta, subliñando a necesidade de cumprir coa previsión constitucional.

O PP Isabel Rodríguez evitou pronunciarse sobre a posibilidade de forzar a dimisión do Consello e insistiu en culpar só o PP da situación porque "este bloqueo non é anónimo" e "só hai un partido que se está bloqueando a negociación". Nin sequera ve opción a que o presidente Sánchez chame a Pablo Casado ara tratar de reconducir o tema: "Ninguén ten que chamar a ningún español para cumprir a Constitución. Todos estamos obrigados, e Casado tamén", sinalou.

O líder do PP reclamou a reforma para que os xuíces elixan a maioría do Consello "antes" da renovación, porque, segundo dixo, non se fía de Sánchez. En mes e medio poderíase poñer en marcha. Casado cre que Sánchez quedou sen escusas e que o PP non se moveu da súa única esixencia: a despolitización da Xustiza. "Non podemos aceptar esta campaña de propaganda e de desprestixio que están a facer para controlar o único poder que non controlan", afirmou e preguntouse "por que Pedro Sánchez quere controlar os xuíces".

 

Noticias web

07/09/2021