Casado pide a devolución de 4.000 dos inmigrantes que se coaron en Ceuta
Dúas semanas despois da maior crise migratoria dos últimos anos, o líder da oposición viaxou a Ceuta. Pablo Casado ofreceulle ao Goberno a lealdade do Partido Popular, unha lealdade, dixo, maior que a dalgúns dos seus propios ministros. Cre que con Marrocos hai que manter unha posición de firmeza e de máxima colaboración e puxo como exemplo a repatriación de moitos dos que infiltraron polo Tarajal.
O presidente do PP dixo que "hai 4.000 persoas que seguen en Ceuta que entraron irregularmente hai 3 semanas. O que pedimos é que esas 4.000 persoas retornen a Marrocos canto antes".
A vicepresidenta do Goberno lémbralle a Casado que a política exterior é competencia exclusiva do Goberno, e interpreta así a visita a súa visita a Ceuta. Carmen Calvo cre que "nalguhas ocasións intenta o xogo do despiste cando ten problemas na casa".
Rabat segue sen reaccionar tras a saída de España do líder da Fronte Polisario. O Goberno explica que están reconducindo a crise entre bambolinas.
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, explicou que "agora quen ten que traballar e quen está traballando é a diplomacia e deixemos que sexa a diplomacia quen faga o traballo concreto e necesario e que se está facendo".
Na fronteira entre Ceuta e Marrocos continúa o despregamento especial das forzas de seguridade á espera de que baixe a tensión co veciño do sur.