CRTVG

Buscar

Casado: "O futuro de Cataluña temos que decidilo todos os españois"

Publicado o 07/06/2021 21:05

Pablo Casado di que o Partido Popular non aceptará ningún referendo de autodeterminación, e dilles tanto aos independentistas coma ao Goberno de Sánchez que o futuro de Cataluña é algo que decidirán todos os españois.

"Hai uns meses escoitei a Junqueras dicindo que os indultos os podía meter por non sei onde..., creo que xa son demasiadas mentiras dos independentistas e do Goberno. O que sexa España temos que decidilo todos os españois, non os socios do Goberno. E se queren algún tipo de modificación da Constitución, terán que vir ao Parlamento español e propor unha reforma".

Noticias web

07/06/2021