CRTVG

Buscar

Casado nega que queira baixar o salario mínimo

Publicado o 10/04/2019 15:23

O líder de Ciudadanos promete unha lexislatura absolutamente reformista se chega ao goberno. 

"A principal reivindicación para min nesta campaña vai ser reivindicar a igualdade entre españois. Algúns confundiron descentralización con fragmentación", asegurou Albert Rivera.

Podemos comprométese a baixar o prezo da luz recuperando o control do mercado. Di Pablo Iglesias que "hai que crear unha nova empresa pública de enerxía que compita de ti a ti coas grandes eléctricas privadas".

No PSOE piden fuxir de receitas máxicas como as baixadas masivas de impostos.

Nadia Calviño, ministra de Economía: "Hai que fuxir do ruído e da desinformación. Das receitas máxicas e tamén do inmobilismo, que hai que actuar con serenidade, responsabilidade e confianza pero tamén con realismo e así estivemos traballando".

O líder do PP cifra a súa proposta de redución de impostos en 16.000 millóns e nega que pretenda baixar o salario mínimo. Remítese á negociación con patronal e sindicatos.

"Quen dixo que vaia baixar o SMI? Estamos na fake new da semana xa? O que dixen é que nada máis chegar ao Goberno sentaremos coa patronal e os sindicatos, o que debeu facer Sánchez. E que a esquerda non me vai dar leccións de política social nin de subir o SMI porque o subimos o ano pasado un 4%, o anterior un 8%...", asegurou Pablo Casado.

Acusa o PSOE de apropiarse de medidas sociais xa pechadas polo goberno de Rajoy e pon como exemplo a suba dun 8% das pensións de viuvez.

Noticias web

10/04/2019