CRTVG

Buscar

Casado nega que propuxese blindar a estancia das inmigrantes que dean o seu fillo en adopción

Publicado o 14/03/2019 22:03

Diante dun auditorio de creadores, Pedro Sánchez reclamou un gran pacto de Estado pola cultura, que impida, por exemplo, que sexa a primeira desvalorizada cando chegan as crises. 

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Non pode volver ser o parente pobre das crises económicas. Prefire vostede pechar un quirófano ou unha biblioteca?, poñía como disxuntiva. Pois ningunha das dúas, as dúas son igualmente graves. As dúas ampútannos por igual".

Pablo Casado instou políticos e xornalistas a tomar en serio a rexeneración pública. Fíxoo a raíz das informacións que atribuían ao PP unha proposta para frear a expulsión de mulleres inmigrantes en situación irregular se daban un fillo en adopción. 

Pablo Casado, presidente do PP: "Supostamente, o Partido Popular quería intercambiar bebés por papeis. Unha aberración tan escandalosa e tan vomitiva que non lla atribuiría nin a un político do terceiro mundo".

"Non se me ocorrería chamar a Pedro Sánchez, Carmen Calvo ou Grande-Marlaska, a todos os que hoxe chiaron falsidades a sabendas de que eran falsas, dicirlles que pretenden roubar nenos a cambio de papeis, porque caeríame a cara de vergoña".

O líder do PP aclarou que o único que propoñen é que a institución que tramite a adopción non estea obrigada a dar os datos da nai ás autoridades.

 

Noticias web

14/03/2019