Casado irá á manifestación contra os indultos do 'procés' xunto a Vox e Cs
No Goberno din que decidirán sobre os indultos atendendo ao interese xeral, aínda que sexa unha medida impopular. En Unidas Podemos, ven agora a todo o Executivo a prol dos indultos e celebran a cambio de posición do PSOE
Dentro do PSOE, a Federación de Estremadura pídelle a Ferraz diálogo antes de tomar unha decisión. E o expresidente desa comunidade, Rodríguez Ibarra, apunta a un referendo entre as bases para que os militantes os que decidan.
Na oposición cren que Sánchez é o único que gaña cos posibles indultos. No Partido Popular seguirán coa súa ofensiva parlamentaria e de recollida de firmas contra os indultos. E confirman que Casado participará na manifestación do 13 de xuño.
Está previsto que Sánchez volva referirse aos indultos na conferencia de prensa posterior ao Cumio Hispano-Polaco, que se está celebrando en Alcalá de Henares.