Casado di que patriotismo non é calar ante os erros do Goberno
Publicado o 15/06/2020 20:16
Pablo Casado repróchalle a Pedro Sánchez que lle pida patriotismo ao tempo que pacta con partidos independentistas. O presidente do PP respondía así ás apelacións que este domingo lle facía o presidente do Goberno para apoiar o plan económico da Comisión Europea.
Casado reivindica o seu dereito a esixir un bo uso deses fondos para que cheguen a quen realmente o necesita.
Pablo Casado, presidente do PP "Non parece moi coherente que quen pacta con Esquerra Republicana a independencia dunha parte fundamental de España apele ao patriotismo. O patriotismo é defender os intereses de España, non calar ante os erros que ten o Goberno"