Casado di que Bruxelas está "moi preocupada" pola desaceleración económica de España
Publicado o 22/03/2019 14:32
Discrepa desta visión o PP. Pablo Casado estivo onte en Bruxelas. Asegura que alí comprobou a preocupación da Unión Europea pola economía española.
Pablo Casado, presidente do PP: "Hai moita preocupación sobre a desaceleración económica de España. As cifras do Banco de España son moi preocupantes, cunha previsión de que o déficit se incumpra en 12.000 millóns de euros, cunha xa certeza de que a débeda pública se disparou en 20.000 millóns de euros desde que goberna Sánchez, cunha desaceleración do mercado de traballo".