Casado di que as previsións económicas do Goberno "van quedar en papel mollado" e comprometen os presupostos
Publicado o 25/10/2021 15:06
O líder do Partido Popular cre que esta revisión á baixa do crecemento condiciona a tramitación dos prespostos. Para Pablo Casado, o proxecto de orzamentos baséase nunha previsión de ingresos que o Goberno non vai poder cumprir.
Pablo Casado, presidente do Partido Popular: "A corrección das previsións súmase ás de organismos internacionais. Lamentablemente, as previsións económicas do Goberno van quedar en papel mollado, e os presupostos nacen mortos".