CRTVG

Buscar

Pablo Casado di na presentación dos candidatos do PP en Madrid que "ocupar o centro non é moverse de sitio"

Publicado o 13/01/2019 17:59

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, dixo na presentanción dos seus candidatos en Madrid que sairán ás eleccións do 26 de maio para ocupar o centro. Casado presentou o tícket electoral co que os populares van concorrer en Madrid. Son o portavoz do PP no concello da capital, José Luis Martínez Almeida, como candidato á alcaldía, e a deputada autonómica Isabel Díaz Ayuso, como candidata á presidencia da comunidade. Casado dixo que ocuparán o centro sen moverse de sitio.

 

Noticias web

13/01/2019