CRTVG

Buscar

Casado denuncia o abandono do Goberno a concellos e deputacións durante a pandemia

Publicado o 19/05/2021 16:04
Casado denuncia o abandono do Goberno a concellos e deputacións durante a pandemia

O Partido Popular saíu este mércores á rúa para denunciar o que consideran abandono das entidades locais por parte do Goberno dende o inicio da pandemia.

Concentráronse diante do Congreso máis de 200 alcaldes do partido, voceiros municipais e o presidente da formación, Pablo Casado, que foi recibido con aplausos polos seus compañeiros de formación. Despois leron un manifesto ante o Ministerio de Facenda. Din que van xa 15 meses de desprezo do Goberno de Sánchez coas deputacións e os concellos e reclaman máis fondos para atender a xente que o precise.


 

Noticias web

19/05/2021