Casado defende un PP centrado e descarta pactos co Goberno
Publicado o 20/08/2020 14:20
Reunión da Xunta Directiva Nacional do PP para referendar os últimos cambios no partido: Cuca Gamarra, como nova voceira no Congreso; Ana Pastor, responsable das Políticas Sociais, e Martínez-Almeida, voceiro nacional do partido.
O líder do PP dixo que todos son exemplo de crediblidade e solvencia e tamén tivo palabras de agradecemento para a exportavoz, Cayetana Álvarez de Toledo. Díxolle que o PP sempre será a súa casa.
Casado defendeu un partido de portas abertas, que sexa punto de encontro do centro dereita e marcou distancias co Goberno.