CRTVG

Buscar

Casado defende o seu proxecto ante a Directiva Nacional do PP

Publicado o 23/03/2021 15:42

O líder do PP reuniu a Xunta Directiva Nacional do partido, o máximo órgano entre congresos, ante o que defendeu o seu proxecto "de longo percorrido".

A reunión telemática estivo marcada pola inminente campaña electoral madrileña e tamén polas mocións de censura de Murcia e Castela e León, onde os populares mantiveron o poder.

Pablo Casado acusou a Pedro Sánchez de intentar minar os gobernos autonómicos da formación, e cualificouno de irresponsable e inmoral. O líder popular cre que o presidente do Goberno saíu derrotado desta estratexia.

Noticias web

23/03/2021