CRTVG

Buscar

Casado cre que a vitoria de Ayuso o 4-M vai ser clave para que el chegue á presidencia do Goberno

Publicado o 31/03/2021 15:29

A presidenta da Comunidade de Madrid deu a coñecer a candidatura coa que se presenta ás eleccións do catro de maio. O líder do PP arroupou a Isabel Díaz Ayuso, que defendeu o seu proxecto autonómico fronte ao que cualificou de "desastre" da esquerda.

A candidata popular puxo en valor a súa xestión durante os meses de pandemia, e apelou á liberdade para vencer nas urnas.

Pablo Casado dá por segura esa vitoria, e cre que será o anticipo da súa chegada á Moncloa.

Noticias web

31/03/2021