CRTVG

Buscar

Casado atribúese a convocatoria electoral, Podemos reivindícase coma a mellor garantía contra a dereita e Rivera augura a fin do bipartidismo

Publicado o 15/02/2019 20:56

Remata a cuarta lexislatura máis curta da democracia. Despois de menos de 1.000 días e dous presidentes, os españois volvemos ás urnas o 28 de abril. O presidente admite que o fracaso nos presupostos precipitou a decisión.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno "Entre as dúas opcións, non facer nada e continuar sen presupostos ou convocar e darlles a palabra aos españois, elixo a segunda"

"Hai derrotas parlamentarias que son vitorias sociais, e a cidadanía viu cal é a folla de ruta deste goberno"

Sánchez di que ese día se elixe entre unha España onde caiban todos e outra onde só o fagan os que queira a dereita. Ciudadanos celebra a fin do que considera unha lexislatura frustrada e advirten contra o risco de que se repita o entendemento cos separatistas.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos "O goberno Frankenstein morreu, pero non teñan ningunha dúbida que o señor Sánchez, se pode reeditalo, resucitará a Frankenstein. Para que Sánchez non resucite a Frankenstein, temos que encher as urnas de votos laranxa"

Tamén en clave electoral, Podemos reivindícase como o voto útil para mellorar a vida da xente e parar á dereita. Ofrécense a líderar un bloque progresista amplo.

Irene Montero, voceira de Unidos Podemos no Congreso "Todo o mundo sabe que un goberno estable e un goberno sólido co que presentarse en Europa e no mundo enteiro e co que ir ás xuntanzas deses homes poderosos que mandan neste país sen presentárense ás eleccións é unha mellor opción que un goberno en solitario e que se revelou débil"

No PP están contentos coa convocatoria. Atribúense o mérito do adianto e centran mensaxe: a clave estará no desafío separatista.

Pablo Casado, presidente do PP "O Partido Popular conseguiu, como oposición, que Sánchez tire a toalla"

"Non esquezamos que Pedro Sánchez acaba de convocar eleccións porque o pillamos negociando con Torra. Por tanto, o que imos ter que elixir o 28 de abril é se queremos un modelo que negocie con Torra ou un partido que liidere a aplicación do artigo 155. Porque só o Partido Popular pode facer fronte ao desafío independentista. Porque estas eleccións van diso"

Será a primeira vez que unha campaña comece en Semana Santa e a segunda na que un mes despois, haxa que volver ás urnas para renovar concellos, algúns parlamentos autonómicos e a cámara europea.

 

Noticias web

15/02/2019