CRTVG

Buscar

Casado aprobará unha lei de apoio á maternidade se chega a presidente

Publicado o 09/03/2019 16:04

O líder do PP, Pablo Casado, prometeu hoxe unha Lei de apoio á maternidade como un dos compromisos de referencia se chega a ser presidente do Goberno.

Casado aludiu ao 8-M e dixo que desde o PP non lles din ás mulleres "o que teñen que facer" e que respectan as que non queren ser nais, pero que o seu deber é apoiar a aquelas que optan pola maternidade. Nesa liña, o líder do PP sinalou que hai que superar o "inverno demográfico" que vive España, máis aló das "polémicas estériles" en referencia ao aborto, porque na última década houbo dous centos mil nacementos menos ca na anterior.

Noticias web

09/03/2019