CRTVG

Buscar

Casado acusa o Goberno de indigno por pactar os decretos con Bildu

Publicado o 03/04/2019 14:03

O ex-presidente balear co PP José Ramón Bauzá irá nas listas de Ciudadanos ás europeas. Avanzouno Rivera un día despois de confirmar que tamén fichan a ex-voceira socialista Soraya Rodríguez. E insiste en tender a man ao PP para botar da Moncloa o actual PSOE.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: "Que o PSOE pense o que quere ser de maior. Estalles marchando a xente constitucionalista. Eu non creo como Casado que sexa tarde. Non imos tarde, acaba de empezar isto. Forza, ánimo, Pablo".

O líder do PP di que son eles a única alternativa para evitar un goberno de Sánchez cos independentistas cataláns e con Bildu e acusa o Goberno de implorar o apoio de Otegui para aprobar as súas últimas iniciativas.

Pablo Casado, presidente do PP: "Ata onde chega a indignidade dun Goberno que precisa implorarlle a un proetarra como Otegui que lles salve os seus decretos para facer campaña electoral. Non creo que España mereza un Goberno que dependa dun grupo parlamentario que aínda non condenou os asasinatos da ETA".

Noticias web

03/04/2019