CRTVG

Buscar

Casado acusa a Sánchez de "quitarse do medio" na xestión da terceira onda

Publicado o 01/02/2021 14:56

Dende o Partido Popular acusan o presidente de non tomar medidas contra a terceira onda. Para Pablo Casado, "o Goberno quitouse do medio. Na terceira onda, o único que fixo Sánchez foi anunciar as vacinas, ensinar unha pegatina e despois non facer absolutamente nada".

Nunha entrevista radiofónica, o líder do PP criticou que "a día de hoxe non sabemos que vai pasar coa vacinación nin por que en Cataluña se pode facer unha campaña electoral cos criterios cos que hai uns meses había que estar pechados en estado de alarma".

Noticias web

01/02/2021