Casado acusa a Sánchez de negociar o estado de alarma cos "proetarras" a cambio da derogación da reforma laboral
Publicado o 21/05/2020 08:22
O presidente do PP criticou con dureza este acordo a través dun chío na súa conta de Twitter.
Pablo Casado acusa a Pedro Sánchez de negociar o estado de alarma cos "proetarras" a cambio da derogación da reforma laboral. Unha reforma que, segundo asegura, permitiu crear 3 millóns de empregos e que ampara os ERTE para 4 millóns de familias. Desde Ciudadanos aseguran que o acordo con Bildu non ten nada que ver coa prórroga do estado de alarma, xa que co seu voto a favor, o Goberno non necesitaba pactar coa formación vasca.