CRTVG

Buscar

Casado a Sánchez: "Se lle queda algo de dignidade, debería dimitir e convocar eleccións"

Publicado o 23/06/2021 14:17

Os aplausos coa entrada do presidente do Goberno anticipaban o ambiente do pleno. Casado acusou a Sánchez de traizoar a Constitución e reclama eleccións para que os españois opinen nas urnas sobre os indultos. Sánchez reprochoulle a Casado as acusacións. Di que recorre a elas por estar illado e volveu defender os indultos, pola convivencia a concordia.

Unha convivencia que require de máis pasos, segundo os partidos de Goberno en Cataluña. O discurso de Sánchez non convence a Ciudadanos que anuncian que presentarán mañá o recurso contra os indultos.  Nin a Vox, que elevou as acusacións contra o Goberno, o que provocou unha contundente resposta do ministro Iceta. E sobre o futuro de Puigdemont, o ministro de Xustiza dixo que debe responder ante os Tribunais.

 

 

Noticias web

23/06/2021