CRTVG

Buscar

Casa Marcelo e As Garzas, recoñecidos con dous soles da Guía Repsol

Publicado o 12/04/2021 21:31

Cambiaron a noite de emoción pola tarde de emoción. Cambiaron moitas cousas en relación á última edición, estrito protocolo covid, 25 % de ocupación, máscaras e PCR pero, como na cociña, a mesma esencia. Reunido en Donostia, desta volta definidos como 'valentes', un sector que se reinventou para non apagar os fogóns. Aquí presentes, os mellores restaurantes que recoñece a Guía Repsol. Fano cos ansiados soles.

Eses lugares aos que imos querer volver tamén están no país. Dous restaurantes galegos foron recoñecidos con dous soles Repsol. Nos dous casos o segundo sol é o premio á constancia. Casa Marcelo leva 20 anos ofrecendo en Compostela alta cociña adaptándose ás situacións e aos tempos. O restaurante As Garzas, sito en Malpica de Bergantiños, ofrece cociña atlántica desde o Atlántico a base, sobre todo, de peixe e mariscos. Máñá volverán aos fogóns, hoxe toca gozar do bo sabor que, en todos os sentidos, nos deixa a gastronomía.





 

Noticias web

12/04/2021