Carvalho Calero, protagonista da Primavera das Letras
Publicado o 11/02/2020 15:56
Arrinca unha nova edición da Primavera das Letras, co escritor Carvalho Calero como protagonista. O proxecto web inclúe materiais didácticos e un concurso para que os escolares participen na celebración do Día das Letras Galegas.
Con esta homenaxe a Carvalho Calero dos nenos do seu Ferrol natal, arrinca a Primavera das Letras. Unha páxina web con contidos interactivos e un concurso para implicar as escolas na celebración do Día das Letras Galegas.
Para que o galego prenda hai que sementalo na escola. Por iso na Festa das Letras os nenos son os convidados máis especiais da Academia.
Unha celebración coa que contaxiar de amor e compromiso coa lingua os máis pequenos da casa.