CRTVG

Buscar

Carvalho Calero, historia dun compromiso

Publicado o 14/05/2020 16:27

Naceu no Ferrol vello, o ano do cometa Haley de 1910. Quedou orfo da súa nai e da súa tía, perdeu dous irmáns. Na adolescencia comprometese para sempre coa lingua galega. Estudou Dereito. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e fundador do Partido Galeguista. Redactou o anteproxecto do estatuto de autonomía.

Combateu na fronte de Madrid, onde queda ferido nun ollo. Ao rematar a Guerra Civil condenárono a dous anos de cárcere. En 1950 convértese no primeiro director do colexio Fingoi de Lugo, un anovador modelo educativo. En Santiago chegará a ser o primeiro catedrático en lingua e literatura galega da historia. Nos derradeiros anos da súa vida emprende un intenso labor que o converte na voz máis respectada reintegracionismo. Escritor , investigador, lingüista, profesor, pero a el gustáballe ser poeta.

Morre en 1990, deixa tras de si un firme e leal compromiso con Galicia, o seu idioma e a súa cultura.

Noticias web

14/05/2020