CRTVG

Buscar

Un camión con seis coches envorca na autovía A-52

Publicado o 05/11/2019 10:04

Así quedou tras o sinistro o camión que transportaba seis coches pola autovía A-52 en dirección Benavente. Ocorreu á altura do concello ourensán de Cualedro. O tráiler envorcou sobre a vía e foi perdendo tres dos seis coches que levaba. Un deles quedou atravesado na estrada no carril esquerdo que quedou cortado ao tráfico. A Garda Civil de Tráfico de Verín estivo no lugar controlando en todo momento a circulación.


Malia a aparatosidade do sinistro, o condutor do camión non quedou ferido de gravidade, pero tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital de Ourense. Descoñécense as causas que orixinaron a saída de vía do vehículo.

Á espera da chegada dun guindastre de gran tonelaxe para retirar o camión da estrada, por agora o carril esquerdo da A-52 en sentido Benavente á altura do quilómetro 173,5 permanece pechado ao tráfico.