Carral volve a subir ao nivel medio este venres tras o aumento dos casos activos
Publicado o 13/05/2021 15:00
Chove sobre mollado para o sector hostaleiro de Carral, que vive as últimas horas antes de volver ao nivel medio de restricción cunha resposta á galega sobre esa volta atrás.
Apenas 10 días foi o que durou o alivio das restriccións na localidade. Este venres hai que volver reducir os servizos afeitos xa a ter que explicarllelo aos clientes
Os veciños cren que a relaxación das medidas sanitarias nos núcleos familiares está detrás deste retroceso
Un subida que se sitúa en 12 casos activos e unha incidencia acumulada de 185 casos por 100.000 habitantes.
E o que ven neste caso é un paso atrás con bares e cafeterías traballando ao 30 por cento da sua capcidade no interior e co 50 por cento das mesas en terrazas nunha fin de semana de ponte festiva.