CRTVG

Buscar

Carolina Marín dilles adeus aos Xogos a causa dunha nova lesión de xeonllo

Publicado o 01/06/2021 20:31


España perde unha das súas principais opcións de medalla nos Xogos Olímpicos de Toquio. Carolina Marín terá que pasar polo quirófano tras sufrir nun adestramento a rotura do ligamento cruzado anterior e dos dous meniscos do xeonllo esquerdo. A onubense estará 7 meses de baixa. Carolina Marín aspiraba ao seu segundo ouro olímpico, tras o acadado no Río 2016. En 2019 sufrira a rotura do cruzado no xeonllo dereito.

Noticias web

01/06/2021