Darias avanza que a vacina de Janssen chegará a España o martes
A ministra de Sanidade di que o estado de alarma foi moi útil para conter a expansión do coronavirus pero cre non pode durar indefinidamente. Asegura que, se a evolución da pandemia o permite, o 9 de maio debería finalizar e iso, engade, non deixará as comunidades autónomas sen cobertura xurídica para seguir aprobando as medidas restritivas que consideren necesarias.
Neste sentido, Carolina Darias mencionou, entre outras, a lei orgánica de medidas especiais, a lei de normalidade publicada hai dúas semanas ou as distintas lei de saúde pública.
"O que esta ministra pide é corresponsabilidade, responsabilidade e corresponsabilidade, non se trata dun só, trátase de todos" "O que non se pode facer é loita partidista co estado de alarma, non todo vale en política".
Darias anunciou que o martes chegarán a España as primeiras doses da vacina de Janssen. E mentres o Goberno analiza varias alternativas para as persoas que recibiron a primeira dose de AstraZeneca.
"Tranquilidade, as persoas que están implicadas, concernidas van recibir unha resposta segura".
A titular de Sanidade insistiu en que todas as vacinas son seguras, eficaces e todas salvan vidas.