CRTVG

Buscar

Carnota entra no nivel alto de restricións

Publicado o 03/07/2021 15:09

Carnota comezou o mes de xullo con cancelacións de reservas de aloxamentos. Dende hoxe o concello está en nivel alto de restricións pero din os hostalerios que as consecuencias do aumento dos contaxios xa os notan dende hai días.

Cunha pobación de menos de catro mil habitantes, un gromo que afectou unha vintena de persoas abondou para situar a incidencia acumulada por riba dos 500 casos por cada cen mil habitantes.

Os bares e restaurantes só poden servir nas terrazas cunha ocupación máxima do 50 por cento e os clientes só poden quitar a máscara no momento de consumir.

Nesta situación, recoméndanse que as renuións non superen as seis persoas en espazos pechados e as 15 en lugares abertos ao aire libre, agás que se trate de conviventes.










 

Noticias web

03/07/2021