Carmen Calvo non cre que a marcha do rei sexa unha fuxida
Carmen Calvo marca diferenzas co vicepresidente segundo. Ela non cre que a marcha do rei sexa unha fuxida.
Carmen Calvo: "O rei Xoán Carlos non foxe de nada porque non está en ningunha causa inmerso. Simplemente decide saír do país e dá as razóns, coñecémolas todos os españois".
A ministra de Traballo adheriuse este mércores ás explicacións de Pedro Sánchez, aínda que non lle guste a decisión de Zarzuela.
Yolanda Díaz: "Hoxe, a sociedade española quere comportamentos en niveis hiperesixentes. E pareceme que isto debe ser tamén o comportamento que rexa a actuación da Casa Real. A imaxe é moi mala para o noso país".
O PP lamenta o silencio do presidente ante o que interpreta como un cuestionamento polos seu socios do sistema constitucional.
Pablo Montesinos, vicesecretario de Comunicación do PP: "O Goberno de España lanzou mensaxes contraditorias. Por un lado, dixo que apoia o rei e, polo outro, atacárono. E isto non pode ser, e por iso nos reafirmamo na nosa esixencia de que Sánchez ten que poñer orde e ten que desautorizar o seu vicepresidente canto antes".
O Tribunal Supremo rexeitou adoptar medidas cautelares contra o rei emérito porque non se lle poden impoñer a quen non ten a condición de investigado. Responde así á asociación independentista Òmnium Cultural, que solicitara unha orde de busca internacional contra don Xoán Carlos.
O Parlamento de Cataluña interromperá este venres as súas vacacións para celebrar un pleno extraordinario pola saída de España do anterior monarca.