CRTVG

Buscar

Carmen Calvo descarta ampliar o estado de alarma como demandan algunhas comunidades

Publicado o 29/04/2021 16:59

Neste momento, o Goberno non parece disposto a impulsar ningunha modificación legal. A vicepresidenta Carmen Calvo di que hai instrumentos legais de abondo para xestionar a pandemia sen o estado de alarma que rematará o 9 de maio.

"Isto non se pode manter indefinidamente no tempo. Temos lexislación ordinaria, temos o auxilio dos tribunais e temos un espazo, como é o Consello Interterritorial, onde con cogobernanza nos poñemos de acordo coas comunidades autónomas", dixo Calvo.