CRTVG

Buscar

Carme e Tino, centenarios fronte á covid, reciben a terceira dose da vacina

Publicado o 23/09/2021 13:36

Carme operouse hai quince días da cadeira e aos seus cento dous anos recibe esta terceira dose saída do salón de peiteado con ilusión na loita contra o virus. Desenvolveu toda a súa vida a carón do mar. Naceu no Berbés nunha familia de armadores e aínda lembra cando había praias no centro de Vigo. Tamén se acorda de cando había galernas e os barcos se refuxiaban en terra. Considera esta xa a súa casa, aínda que fala acotío cos seus tres fillos co móbil, que sempre leva no bolso a carón da radio.

Tamén está contento Tino Freire, que con 105 anos e probablemente tras unha vida embarcado fai a súa cama e barbéase todos os días. Recoméndanos unha vida sen excesos para chegar á súa idade.

A maioría dos residentes estaban desexando poñer a terceira dose. Desque comezou a vacinación non volveu haber casos nunha residencia de Mos.

Noticias web

23/09/2021