CRTVG

Buscar

Carlos Sainz ficha por Ferrari por dúas temporadas

Publicado o 14/05/2020 16:12

O español Carlos Sainz, actualmente nas filas de McLaren, será piloto do equipo Ferrari de Fórmula Uno a partir da tempada de 2021, anunciouno este xoves a escuadra italiana.

Sainz, de 25 anos e fillo do bicampión do mundo de rallys, firma por dous anos con Ferrari en substitución do tetracampeón alemán Sebastian Vettel e para ser o compañeiro do monegasco Charles Leclerc. O madrileño chegou á F1 en 2015 da man da escuadra Toro Rosso, na que permaneceu ata mediados da campaña de 2017, cando fichou por Renault.

Ao acabar a tempada 2018 pasou ás filas de McLaren, na que permanecerá ata que acabe este ano. Disputou un total de 102 grandes premios cun terceiro posto no de Brasil do ano pasado como mellor resultado. Sumou ata a data 267 puntos no campionato.

 

Noticias web

14/05/2020