CRTVG

Buscar

Carlos Pita, homenaxeado polo partido 300 e revulsivo no treito final

Publicado o 13/09/2021 23:02

Carlos Pita foi homenaxeado ao principio do encontro despois de chegar ao partido 300 coa camisola do Lugo, unha cifra mítica dun dos referentes do equipo lucense na última década. 

Pita entrou no partido cando o equipo perdía por 1-2 e foi determinante na xogada do empate. Unha falta súa aproveitouna Manu Barreiro para marcar o 2-2. 

Unha vez máis Carlos Pita, aos 36 anos, volveu dar outra lección de fútbol.