CRTVG

Buscar

Carlos Núñez, mestre de cerimonias da apertura da Porta Santa

Publicado o 30/12/2020 21:24

Mañá daremos a benvida o Xacobeo 2021. Farémolo coa tradicional apertura da Porta Santa, pero tamén a través da música de máis dun cento de artistas unidos nun proxecto dirixido por Carlos Núñez. Hoxe falamos co músico galego sobre esta aventura audiovisual que agocha o desexo do reencontro en Galicia, no novo ano. 

Carlos Núñez será o maestro de cerimonias pero nesta benvida audiovisual ao Xacobeo 2021, o acompañan de xeito altruista mais dun cento de artistas e persoeiros internacionais. As novas tecnoloxías permitiron unilos demostrando que a música traspasa fronteiras e que a pesar da distancia é o camiño para sentir máis preto ca nunca a Galicia.

Alejandro Sanz, Julio Iglesias, Amaral, Manolo Rivas, Rozalén, Iván Ferreiro ou Cristina Castaño son algúns dos nomes que o fixeron posible.

A benvida ao Xacobeo chegará a máis de 16 países de todo o mundo. Esta creación audiovisual poderán seguila mañá tras a apertura da Porta Santa na TVG e por streaming en canles institucionais da Xunta.

 

Noticias web

30/12/2020