CRTVG

Buscar

Carlos Mouriño: "Se queren buscar culpables, o culpable son eu"

Publicado o 31/05/2019 21:46

Logo dunha temporada dramática, Carlos Mouriño non se agocha. Pensa seguir co seu proxecto, forte a nivel institucional. A nivel deportivo, o presidente asumiu como propios os erros da temporada, e xa está inmerso nas solucións para a vindeira.

Todo apunta a que o Celta vai sufrir máis modificacións que en anos anteriores. Homes como Maxi e Lobotka, sempre na rampla de saída, poderían marchar. Sobre Cabral e Sergio, dixo Mouriño que non hai nada definitivo. E pensa en recuperar a Sisto e Emre Mor.

Tamén falou Mouriño do Deportivo logo do cambio na presidencia. Agarda que con Paco Zas as relacións entre ambos clubs sigan mellorando, despois da tarefa comezada xunto a Tino Fernández.



 

Noticias web

31/05/2019