CRTVG

Buscar

Carlos Mouriño carga duramente contra o tráfico de xogadores no fútbol base

Publicado o 30/07/2021 09:40

No Celta Carlos Mouriño amosouse moi indignado coas axencias de representación que están levándolles xogadores do fútbol base a outros equpios. Di Mouriño que non se pode mercantilizar os pequenos e, sobre todo, botar por terra todo o esforzo de canteira que fai un club como o Celta. O último caso foi o de Bryan Bugarín, que fichou polo Real Madrid con só 12 anos, polo que decidiu rachar con Intermedia Sport Player.

Noticias web

30/07/2021