CRTVG

Buscar

Carlos Lariño revela na Radio Galega que o Fuenlabrada viaxou á Coruña sen médico

Publicado o 24/07/2020 20:12

A situación do Fuenlabrada non está sendo doada e ademais non contan cun médico na expedición. O doutor do Fuenlabrada foi un dos que tivo que quedar en Madrid, e por iso o doutor do Dépor estalle ofrecendo axuda ao equipo madrileño. O doutor Lariño dixo nos micrófonos da Radio Galega que viaxar sen médico é algo totalmente atípico. De feito, os equipos están obrigados polo regulamento da Federación a contar cun médico tanto nos partidos como nos desprazamentos. O Deportivo podería denunciar esta infracción.

Noticias web

24/07/2020