Carlos Canal, o ciclista máis novo da Volta a España
Publicado o 11/08/2021 13:30
É o terceiro galego que participa, despois de Gustavo Veloso e Pablo Torres
O limiao Carlos Canal será o ciclista máis novo da Volta a España que empeza o sábado en Burgos.
Carlos Canal acaba de facer vinte anos. Corre co Burgos BH. E está encantado de que a Volta veña a Galicia tres días. De feito remata na nosa comunidade.
"Haberá que deixar forzar para a últimas semana, rematar en Santiago é algo especial", comentou Canal, que engadía: "Estar na saída con eses 'animais' é impresionante".
Nos 10 últimos anos é o terceiro galego que participa na volta a españa despois de Gustavo César Veloso e Pablo Torres.