CRTVG

Buscar

Carlos Arévalo métese na semifinal do K1 200 co segundo mellor tempo

Publicado o 04/08/2021 06:49
Carlos Arévalo métese na semifinal do K1 200 co segundo mellor tempo

O betanceiro Carlos Arévalo meteuse na semifinal do K1 200 pola vía rápida. Na serie máis rápida das cinco disputadas Arévalo quedou de segundo a unha centésima do húngaro Csizmadia. O galego fixo 34,452, o segundo mellor tempo de todas as roldas clasificatorias. 

Tamén se meteu en semifinais o outro español, o abandeirado Saúl Craviotto, co que comparte barco no K4 500. 

Arévalo e Craviotto irán xuntos na segunda das semifinais (mañá, ás 2:37, hora galega) como dous dos favoritos para estaren na gran final.